O Concello de Viveiro recibe un «informe favorable» ao documento do novo PXOM

O Concello está á espera agora dunha reunión dos portavoces municipais coa AXI e do informe definitivo por parte da axencia
Imagen del Ayuntamiento de Viveiro
Imagen del Ayuntamiento de Viveiro

O Concello de Viveiro recibiu un “informe favorable” ao documento íntegro do Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM- por parte de Augas de Galicia, e está á espera do informe correspondente da Axencia Galega de Infraestruturas -AXI-.

O Concello está á espera agora dunha reunión dos portavoces municipais coa AXI e do informe definitivo por parte da axencia, pero non recibiu ningún tipo de requerimento ou información sobre toda a documentación presentada, polo que considera que é correcta.

“Unha gran nova para o Concello de Viveiro, somos conscientes da importancia que a aprobación do PXOM ten para o desenvolvemento do municipio e, neste sentido, o seu impulso sempre foi unha prioridade. Nunca se deixou de traballar; ao longo da tramitación atopáronse moitos obstáculos, pero grazas ao traballo do Concello de Viveiro, o documento final xa está listo”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Por parte da alcaldía, vense facendo un seguimento constante co equipo redactor sobre o punto concreto no que, en cada momento, se atopa a tramitación. Ademais, todos os concelleiros e concelleiras da Corporación son coñecedores das reunións mantidas polo Concello sobre este asunto na Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), en Santiago de Compostela. Dende a alcaldía tamén se veñen convocando reunións de traballo para informar aos voceiros sobre a tramitación do PXOM.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.