O Concello de Pontedeume adquire unha parcela na rúa Empedrado para adicala a aparcamento

O Goberno local habilita así 40 prazas de aparcamento e continúa as xestións para ampliar as opcións de estacionamento
Finca da rúa Empedrado
Finca da rúa Empedrado

Dende o pasado venres, e tras a sinatura da escritura de compra, o Concello de Pontedeume pasa a ser o propietario dun solar na rúa Empedrado, que será habilitado para albergar un aparcamento. A parcela conta con 1.000 metros cadrados, o que permitirá ao Concello habilitar aproximadamente 40 prazas de estacionamento, reservando unha parte delas para residentes. Esta adquisición permitirá ademais cumprir cunha vella demanda veciñal, a de recuperar a Praza de San Roque para os peóns. Deste modo, retiraranse os vehículos estacionados no seu interior e gañaranse novas prazas con respecto a esta localización, no estacionamento que se construirá no Empedrado.

Ademais, grazas á cesión de uso ao Concello por parte dos propietarios dunha parcela que se atopa nas inmediacións do Cemiterio Municipal, nas vindeiras semanas procederanse a habilitar outras 30 prazas de aparcamento nesa zona. Neste senso, actualmente dende o Goberno Local continúase coas negociacións encamiñadas a adquirir dúas parcelas máis noutras zonas do casco urbano, tamén para ampliar as prazas de aparcamento.   Con estas xestións, o Concello de Pontedeume busca crear de aquí ao remate da lexislatura en torno a 150 novas prazas de aparcamento nas inmediacións do casco urbano.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.