O CEIP A Barqueira de Cerdido impulsa dous clubs de lectura para nenos e adultos

Case un 90% do alumnado de 5º e 6º de Primaria participa xa no nesta iniciativa posta en marcha co motivo do Día do Libro
Club de lectura
Club de lectura

Con motivo do Día do Libro, o CEIP A Barqueira, en Cerdido vai poñer en marcha unha iniciativa titulada «Lectura Trouleira», un club de lectura que conta cunha versión para nenos e nenas e outra versión para adultos. Na primeira das quendas participarán catorce escolares, o que supón o 84% do alumnado de 5º e 6º de Primaria (para o que estaba destinado o club), mais dous alumnos extra que non lles correspondía por idade, pero que foron incluidos por petición deles. Entre os libros favoritos dos pequenos están ‘Os Raspiñeiros’ ou ‘A emperatriz dos etéreos’.

Do mesmo xeito, o club de lectura de adultos reúnese unha vez ao mes e conta con once familias e tres mestras. Cómpre destacar que a iniciativa está aberta a tódalas persoas do entorno de Cerdido, como forma de achegar o centro escolar á comunidade. Ademáis, a participación pode realizarse telemáticamente, a través da aula virtual do centro, para aquelas familias que queren participar pero lles resulta complicado asistir. Tamén poden lerse as impresións dos libros a través da páxina web oficial do centro, onde destacan obras como ‘Os pazos de Ulloa’ ou ‘O canto do Cuco’.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.