O Racing xa coñece o calendario para afrontar a tempada más atípica da súa historia

Empezará a liga o 18 de outubro xogando en casa contra o Pontevedra e recibirá ao Deportivo na Malata o 21 de febreiro
racing ferrol3

Os Racing de Ferrol xa coñece o calendario do curso futbolístico 20/21, que deu a coñecer hoxe a Real Federación Española de Fútbol. O seu primeiro rival será Pontevedra, que arrancará a liga en A Malata o próximo 18 de outubro. Este será só un dos cinco derbis galegos que xogará o equipo de Larraz esta tempada.

Os máis especiais para afección racinguista serán os que enfronten ao equipo verde co Depotivo, dúas datas marcadas en vermello no calendario. O primeiro deles será o 29 de novembro, na xornada 6, no Estadio de Riazor, mentres que a voltar será o 21 de febreiro, na xornada 15, cando o conxunto herculino visite o estadio da Malata.

A primeira fase de competición ten a súa última xornada o 21 de marzo, onde o Racing, de xogarse algo, farano contra Unionistas, en Salamanca. No calendario publicado pola RFEF haberá un descanso para Copa do Rey o 15 de novembro e outro, xa no mes de febreiro, por se se producen aprazamentos.

Neste novo formato de competición, o Racing poderá pelexar pola fase de ascenso a Segunda División, onde haberá catro prazas; por ascender á nova categoría Primera RFEF, coñecida como Segunda B Pro; ou xogar a liguiña para evitar o descenso a Terceira División.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.