Comezan as obras de mellora dos camiños municipais en Terbá, Marraxón e o Cornocelo, en As Pontes

O concello pontés investirá 58.617 euros neste proxecto que forma parte do plan marco de mellora de camiños
marraxon as pontes obras vias rurales

O Concello das Pontes inicia esta semana as obras de mellora dos camiños municipais en Terbá, Marraxón e O Cornocelo. Este proxecto, cun orzamento de 58.617 euros, forma parte do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020  e permitirá a rehabilitación superficial dos viarios en Terbá e O Cornocelo, así como a ampliación da plataforma no vial de Marraxón, para dotalos da calidade estrutural, comodidade e seguridade necesarias neste tipo de estradas.

Realizaranse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procederase ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación que invada o vial así como ao fresado firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes.

En Terbá, estenderase unha nova capa de rodadura de formigón bituminoso mentres que no vial do Cornocelo procederase á mellora do firme coa reparación dos baches existentes e a execución dun primer rego semiprofundo e un dobre tratamento superficial con grava, continuando co mesmo tipo de afirmado existente na actualidade.

No caso do viario de Marraxón, procederase á ampliación da plataforma en 50 centímetros dentro da zona de dominio público mediante a compactación dunha capa de zahorra artificial e unha capa de hormigón bituminoso de 6 centímetros. Todas as actuacións complentaránse coa sinalización horizontal e vertical dos tres viarios.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.