O vindeiro sábado 19 de setembro está previsto que parta desde o peirao número 10 da Factoría de Navantia o BAC «Patiño», para levar a cabo a súa integración na agrupación permanente da OTAN SNMG-2, no Mediterráneo.
Previamente á saída terá lugar a cerimonia de despedida do buque, presidida polo Comandante da 31º Escuadrilla de Escoltas, o capitán de navío Santiago Vila Barrón.
Debido a actual situación sanitaria relacionada coa Covid-19, non está previsto que a dotación se despida das súas familias nin que os MCS embarquen a bordo da fragata, posto que todo o acto desenvolverase dende o peirao.
Historia do buque
Este Buque de Aprovisionamento de Combate foi construido a mediados da década dos noventa nos estaleiros de Ferrol pola antiga Empresa Nacional Bazán, hoxe Navantia, levando consigo algo máis de quince anos de servizo á Armada Española .
O buque foi obxecto de diversas modificacións para mellorar e actualizar as súas capacidades, de acordo coa evolución das operacións navais. Boa proba diso é a súa recente participación como buque de mando na Operación Atalanta, a cal foi deseñada para loitar contra a piratería no Corno de África.