O Auditorio de Ferrol acollerá unha clase maxistral e completamente de balde do bailarín Jaime Pablo Díaz

Os asistentes poderán participar no espectáculo dende o escenario ou dende as butacas o vindeiro sábado 19, e xa o 26 haberá unha cita no Jofre coa obra Leira
34123100_2166854893330267_1943935578655424512_o

O Concello de Ferrol en colaboración con Nova Galega de Danza impulsará unha clase maxistral a cargo do seu director e creador, o bailarín e coreógrafo Jaime Pablo Díaz. Será de balde este próximo sábado 19 de setembro, de 10.00 a 14.00 horas no Auditorio de Ferrol.

En pleno escenario ou dende as butacas

Os amantes da danza interesados en participar deberán inscribirse antes das 14.00 horas de mañá venres, e poderase facer ben como participantes no escenario, cun máximo de 20 persoas, ou como oíntes no patio de butacas ata esgotar os asentos dispoñibles. Pode consultarse toda a información e completar a inscrición na páxina web: https://bit.ly/3iEeItz e as dúbidas poden resolverse no número de teléfono 981 94 42 44.

O bailarín compartirá cos asistentes a súa particular concepción da danza e a súa experiencia no mundo profesional. Tamén traballará a experimentación e a vangarda desde a tradición a través da expresión corporal ata chegar ao mundo da danza contemporánea. En definitiva e tal e como explica a compañía fundada no 2003, darase a coñecer unha danza que bebe directamente do baile tradicional galego para consolidar un estilo de danza de marcado carácter de raíz e con vocación universal.

Tanto Jaime Pablo Díaz, formado en danza na Royal Academy of Dancing, na Escola de Danza e Música de Galicia e no Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, como a súa compañía galega, de gran proxección nacional e internacional, son un referente no mundo da cultura e da danza tradicional e contemporánea.

O seu novo espectáculo, Leira, o 26 no Jofre

Unha semana máis tarde, o día 26 de setembro ás 20.30 horas, o teatro Jofre acollerá o novo espectáculo do bailarín, Leira, unha proposta artística marcada polo seu selo persoal, con Sergio Moure de Oteyza na composición musical e Rosa Cedrón coa súa voz e música en directo. Trátase dun espectáculo de danza e música que mostra o sacrificio das labores no campo. Pode consultarse toda a información do espectáculo en https://bit.ly/3hECEMn

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.