Ferrol saca a licitación os aglomerados do camiño C-112 e do Camiño do Casal

Poderanse presentar propostas ata o 6 de outubro, e o orzamento previsto supera os 34.000 euros cun prazo de execución dun mes
13360207Master

O Concello de Ferrol publicou onte no seu perfil da plataforma de contratación do sector público o anuncio de licitación electrónica do aglomerado de tramo de camiño C-112 e aglomerado de tramos de Camiño do Casal. As propostas deberán presentarse de forma telemática a través da plataforma de contratación antes das 23.59 horas do próximo 6 de outubro. O orzamento base de licitación é de 34.355,98 euros e a obra conta cun prazo de execución dun mes.

O voceiro municipal e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, anunciou o pasado luns tras a Xunta de Goberno Local a aprobación do expediente de contratación do proxecto, que se executará na parroquia de Mandiá. Dita actuación, incluída no POS+2018 -Plan de Obras e Servizos- da Deputación da Coruña, consiste no pavimentado do viario sobre firme xa existente —na actualidade moi deteriorado—, o fresado do pavimento, a limpeza da súa superficie, a reparación de fochancas, o saneamento do firme, a formación e/ou perfilado de cunetas e a sinalización vertical e horizontal. Actuarase nunha superficie de 1.681 metros cadrados.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.