Os camiños do Batán e Os Bouces de Cabanas xa contan cunha maior seguridade viaria

En ambos tramos realizáronse traballos de limpeza e preparación das cunetas para a recollida da auga, aglomerado do firme e pintado de sinalización horizontal
Camiño Os Bouces (1)

Cabanas anunciou a conclusión das obras de arranxo nos camiños do Batán, na parroquia de Porto, e Os Bouces, na de Salto. En ambas actuacións realizáronse traballos de limpeza e preparación das cunetas para a recollida da auga, aglomerado do firme e pintado de sinalización horizontal, todas elas destinadas a mellorar a seguridade viaria das zonas.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, valorou positivamente estas actuacións, as cales considerou «necesarias e imprescindíbeis» debido ao mal estado no que se atopaba o firme. Os mencionados traballos realizáronse con cargo ao Plan marco de mellora dos camiños municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -AGADER-, e co confinaciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural -Feader-, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural -PDR-.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.