A Policía Local denunciou o pasado domingo á propietaria dun local do barrio de Esteiro tras comprobar que preto das 4 da mañá o establecemento se atopaba aberto e con persoas consumindo no seu interior.
Unha vez que entraron os axentes ao establecemento puideron comprobar que no seu interior había un bebé e oito adultos tomando bebidas alcohólicas e fumando sen máscaras e sen ningunha outra medida preventiva.
Posterior e inmediatamente a Policía Local dispúxose a desaloxar o local. Tamén o pasado domingo día 13, ao redor das dez da mañá, os axentes identificaron a unha vintena de persoas que participaban nunha festa nunha finca, que dispoñía dunha carpa. Os axentes solicitaron que saíran todos momentaneamente para proceder a súa identificación por se puidese aparecer un brote de Covid-19 entre os participantes.