A Garda Civil de Ferrol investiga a un condutor multirreincidente detido en dous días consecutivos

O presunto autor dos delitos contra a seguridade viaria foi detido en Cerdido tras darse a fuga e ao día seguinte na autoestrada AP-9 á altura de Fene
WhatsApp Image 2020-09-17 at 15.55.45

O Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ferrol investigou fai uns días a un condutor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron cando unha patrulla da mencionada unidade detectou a esta persoa que carecía de permiso de condución en vigor -o cal xa coñecían pola sentenza firme dun Xulgado de Barcelona-, conducindo un vehículo na a altura do quilómetro 36 da autoestrada AP-9 F, no termo municipal de Fene.

Os compoñentes da patrulla procederon a deter o vehículo e comprobar a documentación do mesmo e do seu condutor, e tras a confirmación das sospeitas este mesmo terminou sendo investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, poñéndoo ao dispor do Xulgado de garda de Ferrol.

Un condutor multirreincidente, dous delitos na mesma semana

Esta persoa fora localizada o día anterior por unha patrulla da mesma unidade cando conducía un vehículo en Cerdido, abandonando o mesmo ao verse sorprendido e iniciando a fuga a pé. Un pouco máis tarde terminaría sendo localizado polos gardas civís agochado debaixo dun vehículo no estacionamento do colexio A Barqueira.

Posteriormente a Garda Civil procedeu á súa investigación como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, poñéndoo ao dispor do Xulgado de Instrución de Ortigueira. Finalmente e a pesar de non ser o titular do vehículo co que foi sorprendido conducindo, debido á reiteración dos delitos co mesmo turismo e tras amosar un absoluto desprezo ás condenas xudiciais que está a cumprir, os axentes procederon ao comiso xudicial deixando o respectivo vehículo no depósito municipal que o Concello de Ferrol posúe na devandita cidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.