A Escola de Música Concello de Ortigueira acaba de publicar as novas medidas anti-Covid19

Mamparas, purificadores de aire, máscaras, xel hidroalcohólico e moitas medidas de seguridade tentarán evitar incidencias sanitarias neste novo curso
80713711_1662825210526098_6325323548000780288_o

A Escola de Música Concello de Ortigueira -EMCO- vén de facer públicos os seus protocolos anti-Covid19 para informar ao alumnado das medidas de seguridade que se toman no centro, que pecha este venres 18 de setembro o prazo de matrícula para novos ingresos.

Novas medidas e material de prevención

Estas medidas inclúen aspectos organizativos, de hixiene e seguimento e control de posibles incidencias. Para contribuír aos devanditos protocolos, o Concello dotou á escola de mamparas, purificador de aire, máscaras, xel hidroalcohólico e produtos desinfectantes.

Entre as medidas que se desenvolverán están, ademais de facilitar o ensino semipresencial aínda que primando o presencial, a limpieza do centro dúas veces ao día por parte do persoal encargado destas tarefas. Ademais, o propio profesorado encargarse de desinfectar a aula ao remate das clases e haberá 15 minutos sen actividade coas ventás abertas antes de que entre outro grupo de alumnado.

As aulas contan con mamparas de 1,80×1 metros para as clases de instrumentos de vento, gaita, canto e conxuntos e funcionará tamén un purificador do aire. É obrigatorio o uso de máscara, manter a distancia de seguridade e a hixiene de mans, pero ademais recomendase o uso de pantallas para os instrumentos de vento que o permitan, así como de máscaras FFP2 para as clases de canto e coro.

Establécese tamén un sistema de desinfección do calzado para as clases de música en movemento, o alumnado terá que utilizar unha alfombra e deberá acudir con calcetíns antideslizantes ás clases de grupo. Este sistema de desinfección aplicarase tamén nas clases de percusión, piano ou guitarra que compartan reposapés e nas de instrumentos de vento que fagan desaugue de saliva.

Non poderán asistir ao centro ‐que ten un equipo especial para o control da pandemia‐ as persoas con  síntomas compatibles coa Covid‐19. Ademais, elaborouse un vídeo para que os máis pequenos asimilen máis facilmente as normas de seguridade e hixiene que se pode ver na canle de Youtube da EMCO (https://youtu.be/LtBA01U2bdM).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.