Os casos por Covid-19 estabilízanse na área de Ferrol, pero empeoran os hospitalizados

Segundo os últimos datos son un total de 176 casos positivos, seis menos ca onte aínda que hai un novo paciente hospitalizado e outro na UCI
chuf-complexo-hospitalario-universitario-de-ferrol-atencion-paciente_img179695t0

Despois de que esta segunda onda de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra continuara co seu crecemento progresivo diariamente, parece que nos últimos días a situación está a calmarse. Onte coñecíase un leve descenso na curva de positivos, despois de que a cifra total reducírase de 182 a 181 contaxios. Segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nestas últimas 24 horas o número total de positivos descendeu a 176.

6 casos menos pero 7 novos contaxios

A pesar de que a cifra de contaxios parece adoptar xa unha curva descendente, o número total de positivos diarios non deixa de ser preocupante. Neste venres 18 de setembro coñeceuse un total de 7 novos pacientes afectados polo coronavirus a pesar de contar con 13 altas epidemiolóxicas. Aínda así, a situación na área sanitaria de Ferrolterra parece estabilizarse.

Preocupación nos centros hospitalarios

Nesta segunda onda producida pola Covid-19 o panorama nos centros hospitalarios das comarcas de Ferrolterra está a ser moito menos preocupante que nos datos rexistrados en pleno confinamento, pero nos últimos días o número de hospitalizados non diminúe.

En comparación coas cifras de onte, o número de pacientes ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol -CHUF- aumentou a dous. En total son 8 os infectados que se atopan baixo asistencia médica, seis en unidade de hospitalización e dous na unidade de coidados intensivos.

Os 168 contaxiados restantes atópanse en mellores condicións pasando o virus nos seus respectivos domicilios. Son un total de 197 os casos non activos ou curados, e a cifra de falecidos mantéñense nos 33.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.