Avanzan a bo ritmo as obras do campo de fútbol próximo ao estadio de Río Seco de Narón

As administracións local e provincial invertirán aproximadamente 490.000 euros na renovación do antigo campo de herba natural por un novo de céspede artificial
Visita campo f-11 Río Seco

As obras do novo campo de herba artificial de fútbol 11 que se están executando xunto ao estadio de Río Seco contaron na mañá de onte coa visita da alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, para ver a evolución dos labores. O orzamento -cofinanciado entre as administracións local e provincial- aproxímase aos 490.000 euros.

O pasado venres operarios estaban colocando as capas de herba artificial sobre a superficie do novo campo. “Os traballos están avanzando a moi bo ritmo, o que nos permitirá en breve dispoñer dunhas novas instalacións deportivas na nosa cidade, moi necesarias, comprometidas no seu día coa veciñanza e que estarán en cuestión de pouco tempo a disposición da cidadanía”, destacou Ferreiro.

Características do renovado céspede

A superficie total do novo campo é de 100 metros de lonxitude por 63 de ancho, cun ancho de bandas de fondos e laterais de 1,5 metros e unha superficie útil de xogo de 97 metros de longo e 60 de ancho. O uso do anterior campo de herba natural ocasionaba unha serie de problemas no céspede que agora poderanse evitar tras o próximo cambio á herba artificial.

A rexedora local quixo destacar o investimento que se realizará no campo de herba artificial e recalcou “a vontade do grupo de goberno por continuar incrementando os servizos que se ofrecen dende o Concello ás nosas veciñas e veciños”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.