Todas as liñas de buses de Ferrol serán gratuitas o Día sen Coches

O vindeiro martes 22 de setembro utilizar o transporte público na cidade será de balde, e a rúa Magdalena estará pechada ao tráfico rodado
iStock-535454613-1024x683

O transporte urbano que discorre polo termo municipal de Ferrol será gratuíto o próximo martes 22 de setembro, con motivo da celebración do Día sen Coches, unha iniciativa destinada a difundir os beneficios das alternativas ao vehículo privado e sostibles co medioambiente no marco da Semana Europea da Mobilidade que o Concello de Ferrol celebra estes días baixo a coordinación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Tal e como indicou esta mañá o concelleiro de Mobilidade, Julián Reina, o Concello de Ferrol aplicará a gratuidade aos usuarios de todas as súas liñas urbanas de transporte público, é dicir, ás de ámbito municipal, as que comezan e rematan o seu percorrido en Ferrol.

Con esta medida, explicou o edil, desde o Concello «queremos estender á poboación o noso compromiso coa sensibilización sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente».

Liñas urbanas de balde

En concreto, as liñas urbanas nas que se aplicará a gratuidade durante toda a xornada do martes son: Porto-Hospital Novoa Santos -L21-, Canido-Praza da Graña -L27-, Praza Vella-Caranza -L32- e Canido Hopistal Naval —L36-.

Ao acceder ao autobús, os viaxeiros recibirán un billete a coste cero. Esta medida é só unha das postas en marcha polo Concello de Ferrol para celebrar a Semana Europea da Mobilidade. Tamén o martes, Día sen Coches, as rúas da Magdalena estarán pechadas ao tráfico rodado excepto para residentes.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.