A veciñanza do barrio de Canido, un dos máis emblemáticos da cidade naval, parece estar de noraboa. Ou al menos ten uns cantos motivos: nos últimos meses estreou un parque de Calistenia para as persoas máis deportistas, algunhas das súas zonas cheas de historia revitalízanse como o Lavadoiro de Insua, e algunhas rúas -das poucas que quedan sen pintar- chéanse de cor grazas as xa tradicionais e internacionais Meninas de Canido.
Porén, quen ía dicir que entre tanta novidade un sinxelo banco situado no parque de Urbis ía atraer a atención da barriada? Iso é o que conseguiu fai unas semanas Ángeles, Nacho, Pablo e Mateo, unha familia propia do barrio que un día arriscáronse a deixar varios obxectos neste asento, convertíndoo nunha especie de punto de solidaridade e troco entre a veciñanza.
A falta de mercados bos son bancos
“Nós tiñamos un posto no mercadillo de Canido onde vendíamos cousas que nos sobraban por casa como libros, roupa, algún que outro boneco… e debido a actual situación que estamos a vivir, é bastante difícil que os mercados volvan ao noso día a día, polo que pensamos nesta nova idea», dicía Ángeles.
Ela mesma comentaba que a idea non era nova, senón que xa o vira noutros países como algo cotidiano. «En países como Suíza ou Estados Unidos vemos iniciativas coma estas onde incluso deixan sofás, mesmo cando venden unha casa fan coma unha especie de «streetmarket», onde a xente dalle un novo dono a todas aquelas cousas que xa non precisan».
Unha moi boa acollida
De feito, no primeiro día en só dúas horas xa desaparecera todo o que deixaran no banco: «Bonecos dos nenos, unha batidora, libros de Valle-Inclán e incluso unha bañeira de bebé que tardou algo máis en desaparecer, e xa vimos a varios veciños que se uniron á causa».
Tal e como dicía Ángeles, esta nova idea súmase a moitas outras existentes coa que poder desfacerte de varias cousas que un non utiliza, á par que axuda a alguén que si o require. «É igual que deixar roupa en calquera entidade social ou mesmo nos contedores con esa finalidade, pero desta forma nós sentimos que temos máis consciencia de onde poden rematar as nosas doazóns».