O número diario de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra volve a deixar unha curva ascendente tras o incremento dado nas últimas 24 horas. Nas anteriores xornadas a certa estabilidade que parecía haber no reconto de novos casos positivos estase a disipar.
12 casos máis e 9 altas epidemiolóxicas
Hoxe domingo 20 de setembro coñeceuse un total de 12 novos pacientes afectados polo coronavirus a pesar de contar con 9 altas epidemiolóxicas -son total de 812 casos non activos ou curados dende que comezou a pandemia-. Parece que a cifra total de novos infectados é de 3 pero hai que ter en conta as baixas das persoas que superaron o virus.
En canto á preocupación nos hospitais, a atención médica na UCI volve a contar cun total de 2 pacientes graves, e as hospitalizacións disminuíron pasando dos 7 de onte ata os 5 actuais. Esta segunda onda está a ser moito menos preocupante para os centros hospitalarios xa que a gran maioría dos positivos -177 de 184- están a pasar o virus confinados nos seus respectivos domicilios.
Foco de 14 positivos en Ortigueira
Onde si aumenta a preocupación é en Ortigueira tras informar onte do foco máis importante desde que comezou a pandemia, con un total de 14 casos activos. Dende o consistorio, e en especial o alcalde, Juan Penabad Muras, pediu unha plena colaboración veciñal para deter este brote xurdido.
Polo momento todos os contactos directos dos contaxiados están a realizar as pertinentes probas -tal e como establece o protocolo sanitario- para intentar conter au máximo posible a Covid-19. Ademais, quen o necesite ten á súa disposición dous números de teléfono para facer compras, retirar basura ou calquera outra necesidade durante as 24 horas.
De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.