A concelleira de Industria, Ana Pena, participou a semana pasada na asemblea do grupo de municipios españois con centrais de ciclo combinado, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP-. Neste encontro celebrado de forma telemática buscouse poñer en común as xestións e avances realizados desde a última reunión, así como debater o programa de actuacións que levará a cabo ata finais de 2021.
Entre todas as cuestións abordadas, destacou a necesidade de revisar o sistema de tributación actual das planta de ciclo combinado, co obxectivo de tentar aumentar a súa achega directa ás arcas municipais. Ademais, o encontro serviu para profundar na análise do impacto económico, urbanístico, ambiental e sociocultural derivado da implantación destas instalacións nos diferentes termos municipais así como na procura de estratexias de futuro comúns.