O Ateneo Ferrolán acollerá este mércores 23 de setembro, ás 19.30 horas, a presentación do libro “Soldados de Franco: Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar”, do historiador e escritor ferrolán Francisco Leira. A obra, que saiu á venda a finais do pasado mes de xuño é unha fonda labor de investigación que está a arroxar luz sobre un tema ata o de agora non estudado: quenes compoñían o exército franquista e a súa implicación no conflicto.
Por este traballo Leiro gañou o Premio Miguel Artola para teses doutorais en Historia Contemporánea da AHC e Centro de Estudos Políticos e Constitucionais do Goberno de España, converténdose no primeiro galego en facelo. Entre outros recoñecementos, o autor ferrolán recibiu o Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega, así como unha mención honorífica no concurso de ensaio histórico George Watt da ALBA-VALB de Nova York (tamén o primeiro galego en facelo), en 2012, ambos pola investigación que deu lugar a este libro recén publicado.
Á presentación asistirán, ademáis do autor da obra, a profesora da USC Aurora Artiaga, o catedrático Lourenzo Fernández e o presidente do Ateneo, Xabier Dongil.