Marián Ferreiro visita as obras de mellora da accesibilidade na rúa Mugardos de Narón

A rexedora local lembrou que a maiores de esta intervención valorada en máis de 100.000 euros haberán outras na rúa da Paz e no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz
Accesibilidade rúa Mugardos

A rúa Mugardos acolleu esta mañá a visita da alcaldesa naronesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, para ver o avance das obras de mellora de accesibilidade na mesma situada na Gándara. Estas accións atópanse actualmente en execución e cofinanciadas pola administración provincial, e contan cun orzamento de 102.000 euros.

Moitos avances para un acceso universal

Entre as melloras de accesibilidade inclúese a ampliación do ancho das beirarrúas para garantir un itinerario peonil acorde á normativa vixente, tal e como indicou Ferreiro. A rúa Mugardos discurre paralela á estrada da Trincheira e ten dous sentidos de circulación, estando conectada coa citada estrada e coa rúa Ferrol.

«Trátase dun vial no que algunhas rampas e desniveis dificultaban o paso a persoas con mobilidade reducida, polo que se procedeu a derruir as anteriores beirarrúas para executar as novas, aplicando criterios de accesibilidade para repoñer de novo o aglomerado», explicou a alcaldesa.

Soterramento de canalizacións para aforrar custos

Ademais, para aforrar custos innecesarios, aproveitáronse estas obras para instalar canalizacións soterradas de determinados servizos como o alumeado. Os traballos inclúen a maiores a recolocación de sumidoiros e a habilitación de prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e de pasos de peatóns coa súa correspondente sinalización.

«Dende o grupo de goberno continuamos traballando para facer desta cidade un Narón máis accesible, centrando unha parte importante do apartado de investimentos municipais a esta área», recalcou Ferreiro, a cal aproveitou para lembrar a licitación de traballos de mellora de accesibilidade tamén na rúa da Paz, no Alto, e en edificios municipais, como o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e a continuación dos traballos nas Vivendas da Marina.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.