Mañá martes 22 comeza o Día sen Coches en Ferrol

As liñas de buses B,C,D e F serán completamente gratuitas ao longo de todo o día, e o tráfico rodado no barrio da Magdalena permanecerá pechado
humo-blanco

O Goberno Local lembra que as liñas urbanas de transporte público B (Porto-Hospitais), C (Praza Vella-Caranza), D (Canido-Hospitais) e F (Canido-Praza da Graña) serán gratuítas ao longo do día de mañá como celebración do Día sen Coches.

Con esta medida, explicou o voceiro municipal, Julián Reina, «dende o Concello queremos estender á poboación o noso compromiso coa sensibilización sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente», así como incentivar uso de modos de transporte máis sostibles, como o público, e saudables como a bicicleta e os viaxes a pé.

Peche ao tráfico rodado no barrio da Magdalena

Esta medida é só unha das postas en marcha polo Concello, posto que tamén mañá martes, as rúas da Magdalena estarán pechadas ao tráfico rodado excepto para residentes e servizos públicos. Reina explicou que as restricións ao tráfico rodado de mañá supoñen unha «simulación» do plan de Mobilidade para o centro da cidade no que traballa o Concello de Ferrol.

Actividade coa que reforzar as andainas pola cidade

Ademais, o Concello de Ferrol iniciou un programa de actividades na Aula de Ecoloxía Urbana, no Cantón de Molíns, que inclúe a elaboración de planos Metro-minuto personalizados, nos que figuran os lugares dende os que se desprazan os participantes de xeito habitual e os seus destinos.

Dado que Ferrol é unha cidade pequena, dixo Reina, o obxectivo da actividade «é concienciar á poboación sobre os beneficios dos desprazamentos a pé ao tempo que se lles mostra que a maior parte dos percorridos diarios son curtos e é factible realizalos camiñando».

Os interesados en participar poden inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou ben chamando ao teléfono 981 944 222. As actividades se levan a cabo ata mañá, día 22, de 11 a 12.30 horas e de 16.30 a 18 horas. Tamén desde a Aula de Ecoloxía Urbana elaborouse un vídeo divulgativo sobre a mobilidade urbana sostible e as súas vantaxes.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.