Os traballos de conservación e limpeza nos ríos Brixeo, Eume e Chamoselo, ao seu paso polo concello das Pontes, avanzan ao ritmo desexado. As tarefas encomendadas pola Xunta desenvólvense en distintos tramos interurbanos ao longo duns 5,6 km, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares das parroquias de Vilavella, As Pontes de García Rodríguez e O Aparral.
As intervencións, que inclúen a retirada de árbores e ramas caídas na canle e roza selectiva en tramos con maleza, orman parte das actuacións de mantemento que vén realizando Augas de Galicia nas áreas con risco potencial de inundacións Pola súa banda, a Consellería de Infraestruturas e Movilidad mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.