Narón recibe 10.000 máscaras por parte da Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, entregou onte este paquete que se repartirá entre centros de ensino e colectivos vulnerables
Entrega máscaras

Os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, recibiron onte no Concello de mans da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, 10.000 máscaras que se repartirán preferentemente entre os centros de ensino da cidade e colectivos vulnerables.

A doazón realizouse en virtude dunha campaña de entrega de material impulsada polo Goberno central a través da Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- coincidindo co inicio do curso escolar. Os edís naroneses valoraron a doazón realizada e o feito de que a través da mesma se faciliten medios de protección fronte á Covid-19 a colectivos vulnerables.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.