O Castelo de Andrade, que data do século XIV, constitúe todo un símbolo da memoria histórica de Pontedeume e é unha das apostas de revalorización por parte do actual goberno local, onde esta vez invertiranse 34.364 euros, cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o día 1 de outubro na Plataforma de Contratación do Sector Público.
Conservación dun punto de atractivo turístico local
As accións de conservación, financiadas polo Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, consistirán na retirada da vexetación existente nos muros de todo o conxunto e o seu posterior tratamento, así como o mantemento e melloras de seguridade das escaleiras de acceso exteriores e interiores.
A esta acción de mellora da conservación do propio edificio únense as realizadas nos últimos cinco anos de promoción turística, como a instalación de mesas interpretativas, a elaboración de material informativo turístico e a sinalización de roteiros peonís, ademáis da organización das andainas que se estiveron a realizar durante os últimos meses cunha gran afluencia de participantes.
Todas estas iniciativas se reflicten nos máis de 5.000 visitantes que acudiron ao monumento durante a pasada tempada de verán e que superan aos rexistrados durante o ano 2019.