Do 2 ao 5 de setembro, a segunda edición do festival Lóstrego volverá chear o Fórum Metropolitano da Coruña de proxeccións, curtametraxes, coloquios, talleres e diversas propostas. O evento vén da man da colaboración co Concello da Coruña no marco do plan de impulso á programación cultural promovido polo mesmo goberno.
Un dos principais atractivos desta edición serán as estreas e preestreas de películas que chegarán máis tarde a outros espacios. Entre as propostas destacan ‘Chainsaws Were Singing’ ou ‘Luger’, cinta que ademais contará coa presenza da actriz Ana Turpin. Tamén incluen a preestrea mundial de ‘Amigo‘, a cal terá a súa primeira proxección pública na Coruña.

«Lóstrego é un festival esencial para profundizar e redescubrir o cine de xénero. Un dos grandes eventos do sétimo arte na cidade. Para o Concello é un orgullo contribuir a que iniciativas como ista perduren no tempo e se consoliden na cidade», destacou o conselleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Doutra banda, terá lugar tamén unha sección adicada a novos formatos e creadores emerxentes baixo o nome de ‘Lóstrego en 60″‘, así como sesións e outras actividades para o público infantil. E ademais, o festival entregará premios á mellor curtametraxe galega, nacional e internacional, ademais dun premio outorgado polo público.
E, entre as moitas actividades, destaca a exposición ‘Bestiario Galego’, centrada nas criaturas e figuras da mitoloxía galega como a Santa Compaña, o lobishome ou o trasno.
Unha programación de fantasía
Na primeira xornada, o mércores 2 de setembro, o festival proxectará a estrea de ‘Chainsaws Were Singing’ e a película xaponesa ‘Meari to Majo no Hana‘. Ademais terá lugar o bloque I da Sección Oficial de Curtametraxes. Isto estará acompañado cunha actividade de ‘Contacontos e pinta a Mochito’ e outra de ‘Xogos e festa de disfraces’.
O xoves 3 de setembro, a primeira película da saga británica máis famosa chegará ao Fórum, ‘Harry Potter and the Philosopher’s Stone’. Ademais terá lugar a preestrea mundial de ‘Amigo‘, de Óscar Martín e a de ‘Cold Light: Luna’. Para os nenos, ‘Crea a túa máscara de Mochito’, e para os máis maiores ‘Crea a tua propia Prop, con Marc Castro’ e o ‘Espazo literario: coloquio, presentación e sinatura’, onde participarán diferentes obras literarias.
Ademais, terá lugar o bloque II da Sección Oficial de Curtametraxes.
Continuando coa programación, o venres 4 de setembro, estrearase por primeira vez en Galicia, ‘Luger’, e unha das súas actrices Ana Turpin asistirá ao evento. Para os máis pequenos, unha ‘Gymkana Máxica’ e para os máis maiores, un taller de ‘Guión: da idea á pantalla, con Santiago Bolíbar’ e dous coloquios: ‘Coloquio de cineastas: O Fantaterror’ e a ‘Charla: A dobraxe, con Sara Polo e Adán Latonda’. E tamén, o penúltimo bloque da Sección Oficial de Curtametraxes e unha Sección de Curtametraxes infantís.
E xa chegamos ao último día, o sábado 5 de setembro. En canto ás proxeccións temos ‘Dragonkeeper’ e ‘Scream’. Ademais terá lugar a Sección Lóstrego en 60″ (curtametraxes dun minuto gravadas pola veciñanza para achegar o audiovisual a toda a poboación), a última Sección Oficial de Curtametraxes así como a entrega de premios e a Gala de Clausura. Nesta ocasión, os máis pequenos poderán desfrutar das ‘Manualidades Máxicas’ e da ‘Recreación infantil ‘O libro mecánico». Mentres, os máis maiores terán a ‘Charla: A distribución da curta, con F. Pazín’.
Durante todos os días, ata o 8 de setembro, poderá visitarse a exposición o Bestiario Galego así como unha Feira Freak repleta de artistas independentes durante os días do festival.
Desta maneira complétase un festival que celebra o fantástico e o cine de culto, cun equipo de xente nova con moitas ganas de innovar no audiovisual e achegalo aos seus veciños. O programa completo e máis detallado pode verse na páxina oficial.