Inaugurado o novo miradoiro de Pico do Castro en Foz

O miradoiro constitúe un punto de observación sobre o Cantábrico e a propia Ría de Foz e atópase a 5 minutos camiñando dende a rúa Álvaro Cunqueiro
Fran Cajoto e Chema Linares no miradoiro Pico do Castro | Concello de Foz
Fran Cajoto e Chema Linares no miradoiro Pico do Castro | Concello de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Chema Linares, acudiron hoxe, martes, ao novo miradoiro de Pico de Castro, unha atalaia privilexiada a só 5 minutos camiñando desde o centro urbano da vila.

Dentro das obras de urbanización de Costa do Castro e como mellora do proxecto, o goberno municipal apostou por instalar un miradoiro no Pico do Castro –nas letras de Foz-, nuns terreos municipais que constitúen un punto de observación excepcional sobre o Cantábrico e a propia Ría de Foz.

O alcalde destaca o gran valor paisaxístico do novo miradoiro, unha plataforma de case 30 metros cadrados de madeira con dous bancos laterais de 4 metros de lonxitude «desde Pico do Castro podemos observar toda a rasa cantábrica desde Foz ata Tapia de Casariego, pero tamén a contorna da Ría de Foz, coa vila aos nosos pés. E todo isto moi preto do centro urbano, a só 5 minutos camiñando desde a rúa Álvaro Cunqueiro. É un paseo que ademais podemos facer con tranquilidade e seguridade, coas beirarrúas de Costa do Castro recentemente executadas e a súa continuación a través da nova senda peonil. E se nos desprazamos en vehículo temos a carón do miradoiro un estacionamento -o do cemiterio municipal-, que acabamos de acondicionar. Non me canso de dicilo: somos privilexiados, só temos que darnos conta e poñer en valor o noso entorno”.

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, salientou o gran traballo que se está a facer nesta lexislatura por potenciar o enorme valor paisaxístico que ten Foz. Destacou que este miradoiro súmase á Ruta dos Miradoiros xunto ao da Frouseira, Tamaniña, Lousada ou o recente de Cornería. «É un miradoiro máis accesible preto do casco urbano e cunhas bonitas vistas sobre a ría e a costa de Foz. Animamos aos veciños e visitantes a descubrir esta ruta e disfrutar das magníficas vistas que nos deparan estes miradoiros”, finalizou.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.