O Concello de Viveiro defende que a situación da explanada Variante xa está no seu paso final

Unha vez formalizada a cesión dos terreos, o Concello contará coas competencias para poder proceder ao tan ansiado arranxo da zona
variante

O Concello de Viveiro quixo volver a explicar a situación na que se atopa a explanada da variante ante as reiteradas declaracións dos voceiros municipais ou candidatos a ocupar a alcaldía. Dende o grupo municipal declaran que son conscientes do estado deplorable no que se atopa a zona e por iso «se está a facer todo o posible para poder actuar, canto antes, nese espazo».

Neste sentido quixeron recordar que o Concello procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre. Fíxose en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, atendendo á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos que formaban parte do dominio público marítimo terrestre

Para esta solución lévase traballando dende hai anos, conseguindo que neste momento xa se atope a punto de rematar a tramitación necesaria para a desafectación deses terreos e posterior cesión ao concello por parte de Patrimonio do Estado.

A Dirección Xeral da Costa e do Mar xa aprobou a modificación da liña de ribeira do mar en diversas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, declarando, ademais, a innecesariedade para a protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre e acordando solicitar ao Ministerio de Facenda que proceda á desafectación destes terreos.

Así pois, despois da realización de todos estes trámites necesarios para obter a cesión de varios terreos pertencentes ao Dominio Público Marítimo Terrestre, entre os que se atopa a explanada da Variante, pódese informar que xa se está no paso final para acadar este obxectivo, coa tramitación por parte de Patrimonio do Estado da desafectación e cesión destes terreos, tendo rematado xa todos os trámites previos realizados por Costas. De feito, varios técnicos municipais se desprazaron o pasado viernes á Xerencia do Catastro en Lugo para concretar determinadas cuestións con respecto a este expediente e avanzar nos trámites para a cesion definitiva ao concello.

Unha vez formalizada a cesión, este concello contará coas competencias para poder proceder ao tan ansiado arranxo da zona da explanada da Variante. Para poder chegar a este punto foi necesario levar a cabo unha serie de trámites previos que defenden «só empezaron a ser receptivos en Costas unha vez que houbo o cambio de goberno en Madrid».

Recórdase, finalmente, que ao longo destes anos o concello, para intentar minimizar os prexuízos causados por esta situación, veu levando a cabo actuacións de carácter provisional, prevendo que por fin, en breve, se poida dar unha solución definitiva.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.