Viveiro denuncia a falta de facultativos no seu centro de saúde e esixe solucións á Xunta

A alcaldesa reclama que existen "tempadas nas que só hai un pediatra ou días con dous ou tres médicos dispoñibles para unha poboación de 15.000 persoas"
Centro de salud de Viveiro | SERGAS
Centro de salud de Viveiro | SERGAS

A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, considera “inaceptables” os problemas que desde hai tempo existen no servizo de pediatría do centro de saúde do municipio.

“Non falamos dun problema puntual, levamos moito tempo así, con tempadas nas que só hai un pediatra”, lembra Loureiro, que lamenta que “a única alternativa sexa que as familias teñan que ir ata Burela, onde tamén teñen os seus problemas e prodúcese un colapso”. “Ademais, non é só pediatría, no centro de saúde de Viveiro hai días nos que só hai dous ou tres médicos dispoñibles para unha poboación de 15.000 persoas”, afirma.

A alcaldesa de Viveiro critica “a inacción da Xunta de Galicia, falamos dun servizo básico e esencial”, polo que esixe á Consellería de Sanidade “unha solución urxente ás carencias na atención primaria”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.