A veciñanza de Valdoviño poderá gozar a partir do 1 de agosto da zona azul gratuíta na Porta do Sol

A normativa permite o estacionamento durante tan só unha hora e media, e seguindo uns horarios determinados pola administración local
ZONA AZUL

A partir deste sábado 1 de agosto os veciños de Valdoviño poderán recuperar a vixencia da zona azul gratuíta na contorna da Porta do Sol. Unha vixencia que quedara suspendida durante o estado de alarma sanitaria imposta pola Covid-19.

A zona azul permite o estacionamento de balde un máximo de hora e media de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, mentres  que os sábados a súa vixencia redúcese ás mañás -de 10:00 a 14:00 hora-.

O obxectivo desta nova medida adoptada dende o goberno municipal é o de mellorar a mobilidade na zona do centro urbano, onde hai un tráfico intenso polo emprazamento de diferentes superficies comerciais, negocios de hostelería e tamén despachos profesionais.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.