Ames e Brión xuntan forzas para reducir o consumo de auga

Ambos concellos, en situación de pre-alerta, elaborarán unha campaña conxunta para achegarlle á veciñanza consellos de cara a fomentar o aforro de auga
Concello de Ames
Concello de Ames

Esta mañá mantívose unha xuntanza na Casa do Concello de Ames entre os alcalde de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, e representantes da empresa concesionaria do ciclo integral da auga, Espina & Delfín, para avaliar a situación actual de ambos concellos que están en situación de pre-alerta, decretada a semana pasada pola demarcación hidrográfica Galicia-Costa. En dito encontro decidiuse que ambos Concellos van a elaborar de xeito inmediato unha campaña conxunta para achegarlle á veciñanza consellos de cara a fomentar o aforro de auga. Cómpre lembrar que o Concello de Ames xa publicou a campaña de “Augaconsellos” no pasado mes de xuño.

Segundo explica o alcalde de Ames, Blas García, “polo de agora non se van adoptar medidas drásticas de corte de auga, pero temos que ser conscientes de que estamos en situación de pre-alerta e de que a situación é complicada. Vamos a seguir facendo revisións periódicas sobre o consumo de auga. Na última semana detectamos que houbo unha diminución no consumo de auga en Bertamiráns e no Milladoiro, isto indica que a maior parte da veciñanza está concienciada sobre o aforro de auga. Vamos a seguir mantendo reunións periódicas co Concello de Brión para ver como vai evolucionando esta situación durante as próximas semanas”.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, destacou “sumámonos ao Concello de Ames neste chamamento aos veciños e veciñas no uso responsable e adecuado da auga. Aínda que está sendo un ano atípico é moi probable que no futuro os veráns sexan deste tipo. Por eso é necesario que desde as administracións creemos as infraestruturas necesarias para garantir o subministro da auga á veciñanza”.

Campaña para o aforro de auga

Un dos acordos adoptados na xuntanza desta mañá é que ambos Concellos van a publicar unha campaña na que se achegarán consellos para fomentar o aforro de auga entre a veciñanza. Esta campaña publicarase nas redes sociais dos dous Concellos e tamén se repartirán folletos informativos entre a cidadanía para tratar de facer un uso responsable da auga.

Arranxo da presa da Ponte Maceira

Outra das medidas acordadas esta mañá é que se lle vai solicitar a Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Patrimonio o arranxo da presa da Ponte Maceira, que ten unha rotura nunha das súas paredes o que provoca o escape de auga nunha das zonas de captación do río Tambre. O nivel da auga está 20 centímetros sobre o nivel de captación de auga, pero se a presa estivese arranxada dito nivel aumentaría ao dobre, podendo estar a 40 centímetros por encima do nivel de captación.

Isto xa se lle trasladou aos representantes de Augas de Galicia na xuntanza que mantivo a semana pasada o Concello de Ames, xunto a outros 20 Concellos, con Augas de Galicia, co fin de analizar a situación nos concellos afectados e facer unha posta en común das medias medidas adoptadas e recomendacións de cara ás vindeiras semanas.

Esta semana tratarase de coñecer quen é o titular de dita presa, para poder executar dito arranxo o antes posible. Agora é o momento idóneo para poder realizar estes traballos na presa xa que o caudal do río está baixo. Ademais, é urxente arranxar esta deficiencia xa que durante o inverno, ao aumentar o caudal do río, o estrago na presa podería ser maior

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.