Aberto o prazo para inscribirse na Xornada LGBTI+ do Concello de Ferrol

Terá lugar de forma telemática o 22 de outubro ás 19.30 horas
Foto de archivo de dos personas con la bandera LQTBI
Foto de archivo de dos personas con la bandera LQTBI

A concelleira de Igualdade de Ferrol, Cristina Prados, anunciou esta mañá que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na Xornada LGBTI+, que terá lugar de forma telemática o xoves 22 de outubro, ás 19.30 horas. Os interesados en participar na actividade de balde deberán enviar un correo electrónico ata o 21 deste mes a [email protected] indicando nome e apelidos e recibirán o enlace para acceder á xornada on-line.

Participarán a socióloga e sexóloga Noelia Teijeiro Cal para falar das ‘Discriminacións laborais, internacionais e de inclusión’ e o mestre e técnico do Observatorio LGTBI de A Coruña, Pablo Zas Varela, que abordará ‘A importancia da educación na prevención dos delitos de odio’.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.