Cabanas leva a FITUR a renovación da súa imaxe turística

Pretende pór en valor o patrimonio natural e arqueolóxico da localidade
O teniente de alcalde de Cabanas Iago Varela, amosa o novo material turístico do concello en FITUR.
O teniente de alcalde de Cabanas Iago Varela, amosa o novo material turístico do concello en FITUR.

O Concello de Cabanas aproveitou a súa visita á Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se está a celebrar en Madrid, para presentar o novo material turístico co que pretende pór en valor o patrimonio natural e arqueolóxico da localidade.

Cabanas estrea un novo plano con información turística que se actualiza, non só na estética, senón tamén na información que ofrece. “Co novo plano ponse en valor a gran riqueza arqueolóxica e natural que temos en todo o concello”, sinalou o tenente alcalde e edil de turismo, Iago Varela.

Cabanas ofrece ós visitantes opcións que se adaptan a todos os gustos e necesidades. “O modelo turístico que estamos a impulsar desde o goberno municipal promove unha oferta turística que non sexa só o turismo veraniego de sol e praia. Queremos que o turismo e os seus beneficios se extendan a todos os rincóns do concello e a todas as épocas do ano», engadiu Varela.

Ademais do renovado plano, que xa se distribúe nos puntos de información turística de Cabanas, o concello prepara tamén unha nova páxina web con información turística accesible que chegará nas próximas semanas, e folletos con información sobre patrimonio e rutas de sendeirismo.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.