O Concello de Cabanas vén de anunciar a súa participación no proxecto “Camiños de Identidade”, impulsado pola Xunta de Galicia de cara ó Xacobeo 2021.
Trátase dunha iniciativa, da que formarán parte cinco concellos galegos, que está encamiñada a crear dinámicas de desenvolvemento rural a través dun enfoque participativo e turístico, identificando os recursos que compoñen a esencia cultural de Galicia.
“Cabanas ten un inmenso potencial turístico por descubrir e traballar” sinalou o tenente alcalde e responsable da área, Iago Varela, quen puxo en valor este proxecto “que une cinco concellos diversos unidos polo Camiño de Santiago”.
Cada un dos cinco concellos participantes acollerá un evento diferente que, no caso de Cabanas, será o día 4 de abril.
O resto de eventos terán lugar en Mondoñedo (1 de febreiro), Rodeiro (9 de febreiro), Triacastela (29 de febreiro) e Porqueira (14 de marzo).
Discussion about this post