O Mago Yunke, considerado como un dos mellores ilusionistas da actualidade, levará esta fin de semana o seu espectáculo “Conjuro” ao Auditorio de Ferrol. Trátase dun show cheo de misterio, beleza e risco, con situacións sobrecolledoras e hipnóticas.
Yunke é un innovador no seu campo, inventor de ilusións e creador de mecanismos máxicos que xa levou por numerosos países. É tamén un habitual de programas de televisión. Pasou, por exemplo, por “El hormiguero”, “Luar”, “Gran hermano” ou “El show de Flo”.
O espectáculo que ofrecerá este domingo, 1 de marzo, ás 19.00 horas (a partir de 18 euros) presenta as súas mellores ilusións e creacións máxicas, ademais das que o levaron a ser un dos máis recoñecidos magos do mundo. Segundo avanzan dende a súa produtora, “Conjuro” ofrece “grandes ilusións de espectacular impacto que se entrelazan coa música e unha impecable posta en escena, enriquecendo a interacción co público”, é dicir, “un tipo de ilusionismo inédito en España” que, ademais, “fará as delicias de todo tipo de público”. A súa duración aproximada é de 75 minutos.
Discussion about this post