A Deputación inviste máis de 250.000 nas novas infraestructuras viarias de As Neves

O presidente Valentín González Formoso visitou hoxe as obras xunto ao alcalde de A Capela
TORRE20200227_155421

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso visitou hoxe algunhas das obras que a administración provincial está financiando na Capela, concretamente na travesía de As Neves, onde leva investidos preto de 250.000 euros nas distintas fases das obras de renovación das beirarrúas e o alumeado público do que é o principal núcleo urbano do concello.

Con cargo aos fondos de 2019, A Capela está a renovar completamente un tramo de máis dun kilómetro de beirarrúas, substituindo as antigas baldosas por un pavimento continuo de formigón máis seguro. Prevese que as obras desta fase estean completamente rematadas o vindeiro mes de marzo.

Tamén se levaron a cabo obras de actualización do alumeado, instalando luminarias led, que reducen o consumo eléctrico e garanten unha mellor ilumación na estrada e nas beirarrúas, mellorando tamén a estética do entorno.

Acceso ás Fragas do Eume

A Deputación da Coruña e o Concello da Capela completaron tamén as obras de mellora na estrada que vai desde o centro de municipio, preto da Casa do Concello, ao núcleo rural de Coto-Paces, un tramo de algo máis de dous quilómetros que serve como acceso principal ás Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa.

As obras, cun orzamento de 242.000 euros, incluiron a renovación completa da capa de rodaxe do vial e a execución de novos tramos de beiarrúas, que contribúen a mellorar a seguridade peonil na dúas zonas do tramo que suman case medio quilómetro de lonxitude e que carecían desta infraestrutura.

Executáronse tamén un total de 1,2 quilómetros de cuneta de seguridade revestida de formigón armado e dotouse á zona dun sitema de recollida de pluviais e tubaxe para o soterramento do cableado do alumeado público.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.