A taberna da Capela leva xa máis de dez anos dando un respiro aos camiñanates que se atreven a realizar a ruta de máis de oito kilómetros que vai dende a entrada das Fragas do Eume polo concello de Pontedeume ata o monasterio de Caaveiro.
Trátase dunha cantina toda de pedra con moito encanto, mergullida nunha paisaxe sen igual, na frondosidade dun dos bosques atlánticos máis espectaculares do continente. Un ambiente ideal para deixarse arrastrar pola maxia das noites de conxuro e queimada -performance incluida- que organiza Carmen, a dona do local.
Cómo decidíchedes embarcaros nesta aventura?
Foi por pura casualidade. Ningún dos dous tíñamos experiencia levando un negocio deste tipo, pero saíu a licitación do concello tras rehabilitar a taberna e pensamos que non tíñamos nada que perder nese momento.
“No verán o que ten máis éxito son as ceas medievais e as noites de queimada, onde facemos unha performance cun conxuro. Créase un ambiente moi especial e a xente víveo.”
E como é traballar aquí. É como pensábades?
Ao principio foi raro, estamos nunca lugar moi afastado de case todo e non é coma unha taberna calquera. Por exemplo, non temos proveedores que nos traían os productos. É máis sacrificado que se estivéramos nunha vila, pero ten moitas vantaxes: o entorno, a tranquilidade, a clientela
Supoño que tamén será especial
É especial porque este non é un lugar de paso. O certo e que é xente moi sá, que ven de facer deporte ou ven a unha visita cultural. Temos moitas familias e moitos grupos de amigos que paran despois dun trekking ou dunha ruta en bici.
Para eles tampouco é unha experiencia normal. Non teñen wifi, por exemplo, e a algún nótaselle a ansiedade os primeiros momentos. Ao cabo dun rato entran en armonía co ambiente, con río, coas árbores, cos paxaros e se lles olvida o móvil e internet.
A taberna é un bo termómetro da afluencia de xente que ven ao parque natural. Cómo evolucionou nestes últimos dez anos?
Nós, persoalmente, vivimos un crecemento moi progresivo, pero continuo. Notamos, sobre todo, unha maior afluenza de xente de fora de Galicia e de España. Antes case todo o mundo que viña era da zona e simplemente estaba aquí pasando a tarde.
Agora nótase que xa é un destino turístico como tal e a xente ven a propósito a visitar o parque natural e o monasterio. Son unhas xoias que por fin está tendo o recoñecemento que merece.
Qué ofrecedes aos visitantes ademáis dun entorno incomparable?
Desde o punto de vista gastronómico, temos bocadillos, tostas e postres. Ten moito éxito un de tortilla con pisto ao pesto, que foi finalista no Madrid Fusión do pasado ano. Ven moita xente preguntando por él. Ademáis facemos postres caseiros e de tempada.
No verán facemos unhas ceas medievais con receitas da época. Teñen moito éxito. Pero o que máis lle gusta a xente son as noites da queimada, onde facemos unha performace durante o conxuro. Créase un ambiente moi especial e a xente víveo.
Qué recomendaríades a un visitante que ven novo?
So ten mirar o que lle rodea, respirar fondo e deixarse levar.
Discussion about this post