Endesa entrega outro cargamento de mascarillas ao concello de As Pontes e ao CHUF

A compañía doou un total de 20.000 unidades de protección para a rede de residencias de maiores
donacion-endesa

Endesa doou outras 20.000 máscaras á Xunta de Galicia, que se suman ás 50.000 entregadas a pasada semana e que forman parte do lote adquirido pola compañía ante a emerxencia sanitaria sen precedentes xerada polo Covid-19. “Nesta ocasión, van destinadas á rede autonómica de residencias de persoas maiores, como mostra do noso apoio a ese segmento de poboación e moi especialmente a quen se ocupa do coidar aos anciáns”, declarou o director xeneral territorial de Endesa, Miguel Temboury.

Xunto ás 20.000 máscaras para a Consellería de Política Social, Endesa entregou 2.500 máis ao Concello das Pontes. Igual número recibiu o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, ao que a propia central térmica pontesa fixera, nos primeiros días da crise, unha doazón de urxencia de equipos de protección individual que estaban dispostos para o persoal da planta.

As máscaras saíron hoxe da central das Pontes a un almacén da Xunta en Santiago, á casa do concello pontesa e ao centro hospitalario ferrolán. O director xeneral territorial de Endesa Noroeste, Miguel Temboury, referiuse á doazón manifestando que “a compañía deseñou un plan de actuación moi ambicioso, no que Galicia ten a consideración que se corresponde coa especial vinculación de Endesa con esta comunidade. Nesta ocasión tamén quixemos salientar nosa especial relación coas Pontes e Ferrolterra reservando senllas partidas que irán directamente para a comarca”.

Esta iniciativa forma parte do Plan de Responsabilidade Pública que deseñou a empresa, dotado con 25 millóns de euros, para axudas directas á compra de material, condicións especiais de subministración eléctrica e doazóns co obxecto de paliar as principais necesidades sanitarias e sociais provocadas pola crise sanitaria. A compañía proporciona así apoio aos servizos públicos poñendo á súa disposición materiais, vehículos e equipos que se poidan requirir para abordar esta emerxencia epidemiolóxica.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.