O Cine Alovi de As Pontes contará cun novo sistema de climatización

Suporá un aforro enerxético dun 70% e mellorará a experiencia do público na sala
Cine Alovi de As Pontes
Cine Alovi de As Pontes

O Auditorio Municipal “Cine Alovi” de As Pontes, que acolle a meirande parte das actividades e eventos culturais do municipio contará próximamente cun novo sistema de climatización e de renovación do aire,  instalación da que carecía, ata o momento, o equipamento muncipial. O proxecto, cun orzamento de 45.700 euros,  permitirá substituír a caldeira de gasóleo e os radiadores de ferro fundido repartidos por toda a infraestrutura, insuficiente e incapaces de climatizar o auditorio municipal, para mellorar deste xeito a sensación térmica e o confort climático do público.

O concelleiro de Cultura, Vicente Roca apunta que “con este proxecto dotamos ao auditorio municipal dunhas instalacións mellores e máis modernas, cun consumo enerxético menor que suporá un aforro do 70%. Con este tipo de investimentos queremos reafirmar ao auditorio municipal como punto de referencia para a  cultura pero tamén convertelo nun espazo cun posicionamento claro no ámbito da eficiencia enerxética”.

Por outra banda, o sistema de renovación do aire, xemelgo ao instalado na Casa Dopeso, respectará as características do edificio e a súa antigüidade ao tempo que cumpre cos requisitos derivados da experiencia da Covid19, collendo o aire do exterior, climatizando e renovando o aire interior para, a continuación volver expulsalo ao exterior.

O obxectivo da intervención no Auditorio Municipal é “dar un mellor servizo ás persoas usuarias, proporcionar as infraestruturas necesarias que permitan a realización de espectáculos culturais nunhas condicións ambientais axeitadas coa premisa de maximizar o aforro enerxético, mellorar o funcionamento da instalación e reducir a incidencia de avarías técnicas” destaca o concelleiro Vicente Roca

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.