A Xunta de Goberno Local do Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación das obras de reparación e mellora da área de xogos infantís da Rúa Covelos, nas Campeiras. O proxecto, que ten un orzamento de 23.200 euros e que será financiado a través do Plan Provincial de Medio Ambiente 2016, está destinado a renovar e axeitar a área de xogos das Campeiras, coa restauración dos elementos deteriorados e a dotación dun novo elemento de xogo.
Relacionado: As Pontes acomete melloras na escola infantil A Barosa
Discussion about this post