Cabanas reparte sesenta composteiros entre os veciños dentro da súa estratexia sostible

O goberno local quere promover o aproveitamento de residuos domésticos no día a día do pobo
F10O9030

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente en colaboración con SOGAMA, vén de completar a segunda fase do Plan de Compostaxe Doméstica iniciado o pasado setembro co reparto de 30 novos composteiros entre a veciñanza, que se suman aos 30 que xa foran repartidos na primeira fase.

“O obxectivo principal deste plan de compostaxe é implicar á veciñanza na redución dos residuos xerados, contribuíndo á mellora do medio ambiente”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área, Iago Varela.

O reparto dos composteiros de uso doméstico entre e veciñanza de Cabanas enmárcase dentro da estratexia “Cabanas Sostíbel”, que ademais do plan de compostaxe tamén inclúe outros plans de concienciación ambiental, roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio ambiente.

“Constatamos gran interese entre a veciñanza por participar deste plan de compostaxe, tanto no número de solicitudes de composteiros como na necesidade de formación específica sobre o seu uso”, engadiu Varela, quen tamén quixo pór en valor “a xeración de intercambio de experiencias que se está a dar entre as usuarias”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.