O Concello de Cabanas organiza un xantar de Fin de Ano

Será o venres 27 de decembro no Pavillón de Lavandeira
Xantar fin de ano Cabanas.
Xantar fin de ano Cabanas.

O Concello de Cabanas organiza o Xantar de Fin de Ano, un evento festivo destinado a toda a veciñanza do concello, no que se combinará o xantar cunha actuación musical.

Dito xantar terá lugar o venres 27 de decembro ás 14.30h no Pavillón de Lavandeira e terá un prezo de 25 € por persoa. Aquela xente interesada en apuntarse debe facelo chamando ao 981 495 959 ou de forma presencial nas dependencias do Concello até as 14h do día 23.

O menú está composto por entrantes variados (empanada artesá do mar; milfolla de filloa rechea de verduriñas e lombos de bonito; cruxiente de xouba marinada, crema de queixo e marmelada de tomate; chupa chups de queixo con chourizo do Courel, croquetiñas de marisco con punto de alioli; paelliñas de arroz cego), un prato principal (xarrete de tenreira e pataca asada), un sobremesa (tarta milfolla) e adega (viño branco e tinto, auga, refrescos, vermouth e cervexa).

Tamén se pode solicitar unha alternativa vegana ou adaptada a necesidades derivadas de alerxias ou intolerencias.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.