O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández e a conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, visitaron as obras da renovación da rede xeral de saneamento que se están levando ao longo de todo a paseo marítimo da vila.
Os traballos, que contan cun orzamento de 4,2 millóns de euros, avanzan a bo ritmo e a previsión é que no mes de febreiro cheguen á altura da Ponte de Pedra, para comezar a continuación coa construción do tanque de tormentas no peirao e a posterior renovación da rede de abastecemento nesa zona.
As obras se completarán cunha cámara anexa ao tanque de tormentas e cun bombeo que enviará ás augas á EDAR de Centroña. O alcalde de Pontedeume, recordou que “esta actuación permitirá rematar cos verquidos no estuario do Eume, mellorando así a calidade das augas e evitará as infiltracións de auga mariña ao colector, feito que estaba a influir negativamente no funcionamento da depuradora municipal”
Desde a confraría de pescadores apuntaron que unha vez que o sistema de depuración entre en funcionamento, a principios de 2021, a mellora da calidade das augas pode conlevar un cambio na súa calificación e pasar a zona A. Isto significaría que o marisco extraído nas ría non tería que ser depurado, acelerando así o seu proceso de comercialización.
Discussion about this post