Pontedeume celebrará o seu 750 aniversario por todo o alto

Guías teatralizadas, aplicacións de realidade aumentada ou exposicións históricas formarán parte dos actos de conmemoración do nacemento da vila
3607237ae6b77886a1acc05447ceb822

O Concello de Pontedeume celebrará durante os próximos meses o 750 aniversario da constitución da vila, unha conmemoración que servirá para poñer en valor a súa historia e o seu amplo patrimonio con numerosas actividades.

O día exacto da celebración será o próximo 30 de decembro, pero o concello comezará en abril coas actividades conmemorativas, que se prolongarán ata o 2021. “É unha data simbólica que merece unha conmemoración como é debido, será a festa dos eumeses e eumesas e dos milleiros de persoas que nos visitan cada ano para coñecer a nosa historia, que tamén é unha parte moi importante da historia de Galicia”, asegurou o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

Onte deuse un primeiro paso, coa aprobación en pleno da imaxe corporativa e a marca que utilizará o concello con motivo do 750 aniversario. O logotipo está inspirado en elementos do escudo actual, como a ponte, o oso e o xabaril, xunto co selo oficial que utilizaba Alfonso X no seus documentos oficiais

En abril, o concello organizará unha visita guiada teatralizada pola vila coa colaboración das agrupacións de teatro de Pontedeume, ademais de actores e actrices de renome. Durante o percorrido, proxectaranse vídeos.

En maio, estará lista unha aplicación de realidade aumentada coa visión de Pontedeume na época medieval, destacando o Torreón dos Andrade e o Pazo dos Andrade (xa non existe), as antigas murallas, o ponte de Pedra, a evolución construtiva da igrexa de Santiago ou a contorna do convento dos Agostiños. Nestas dúas actividades de abril e maio estará presente o Camiño Inglés e a próxima celebración do Xacobeo 2021. Tamén se elaborarán traballos impresos con diferentes contidos, como unha ruta heráldica por Pontedeume e outra polos seus edificios, casco histórico e igrexas máis representativas.

Dentro do proxecto «As mulleres do pasado eumés», o 750 aniversario recuperará a figura de Isabel de Castro e Andrade, nacida en 1528 e autora dunha das poucas pezas literarias cultas que se conservan dos séculos escuros. ‘Pinta Pontedeume’ é unha iniciativa destinada aos rapaces e rapazas, uns libros con debuxos dos monumentos mais importantes da vila con descripcións para os nenos, que poderán coloréalos.

Unha das actividades centrais da celebración será a exposición «750 anos en Pontedeume» coa documentación e os escritos máis importantes da historia da vila. Estará aberta de xullo a outubro.

As concelleiras de Turismo e Cultura de Pontedeume, Yolanda Vázquez e Ángela Piñeiro, explicaron que “haberá outros eventos e accións conmemorativas das que informaremos nas próximas semanas, xa que aínda estamos pendentes de diferentes reunións con varias entidades e organizacións”.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.