Pontedeume ofertará a titulación de Técnico Operario de Industrias Lácteas

Leche Celta, impulsora desta formación, comprométese a contratar polo menos a un 40% dos alumnos
Planta de Leche Celta, en Pontedeume
Planta de Leche Celta, en Pontedeume

O Concello de Pontedeume vén de anunciar que acollerá unha nova titulación, equiparable a un Ciclo Superior de Formación profesional,  que promete unha alta taxa de inserción laboral para os alumnos e alumnas: Técnico Operario de Industrias Lácteas.

Trátase dun título pioneiro, ata o de agora inexistente en España, que da man de Leche Celta e a institución educativa Effuture, ofertará cada ano 15 prazas para formar operadores expertos, un traballo con futuro adaptado ás novas necesidades profesionais no sector leiteiro.

O curso, que comezará no mes de marzo, será dual: seis meses de estudos teóricos combinados con prácticas nas instalacións de Leche Celta, tralas que a empresa comprométese a contratar polo menos ó 40% dos alumnos e alumnas.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.