A Deputación da Coruña vén de adoptar unha serie de criterios xerais de actuación para adaptar as bases das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) a autónomos, pemes e persoas emprendedoras á situación socioeconómica excepcional que atravesamos debido á crise sanitaria do Covid-19.
Coa modificación de programa, as empresas que se acollan a un ERTE, non incorrerán nun incumprimento na obrigatoriedade de manter o nivel de emprego esixido nas liñas PEL PEMES nas súas diferentes convocatorias e sempre que a suspensión se produza polo período de duración do ERTE Tampouco se penalizará a suspensión dos contratos ou a reducción da xornada de traballo.
Ademáis, todos os prazos establecidos nas Bases Reguladoras das axudas PEL PEMES e PEL Emprende das anualidades 2018, 2019 e 2020 que se vexan afectados, quedan interrompidos mentres dure o estado de alarma e o seu cómputo renovarase unha vez rematado o mesmo.
No caso das persoas autónomas, poderán acollerse ao cese da súa actividade pola declaración do estado de alarma sen estar incumprindo os requisitos das axudas da Deputación. Asimnesmo, as que se acollan as moratorias contempladas polo Goberno, consideraranse ao corrente coas súas obrigas coa Seguridade Social a efectos das axudas PEL nas súas diferentes convocatorias.