A Xunta inxecta 2,4 millóns de euros ás comarcas procedentes do Fondo de Cooperación Local

O goberno galego decidiu ingresar a liquidación do 2018 e o primeiro trimestre deste ano para dotar de máis liquidez aos municipios durante esta crise sanitaria
slider-image-4

A Xunta de Galicia informa que xa abonou aos concellos a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local para dotar de liquidez aos gobernos locais no momento no que máis o necesitan. Desta forma, o Goberno Autonómico entregou, no primeiro trimestre do ano, máis de 2,4 millóns de euros aos concellos das comarca de Ferrrol, Eume e Ortegal para poder facer fronte a crise do coronavirus, xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.

Estas achegas da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza repártense entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias. En concreto, téñense en conta datos como o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación.

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, apuntou que “ademais de liquidar o mes de marzo en tempo e forma, decidiuse realizar o pago da liquidación pendente de 2018, para que os alcaldes conten neste momento con partidas económicas para todo aquilo que consideren máis necesario e urxente”. “Desde a Xunta de Galicia entendemos que é o momento de arrimar o ombreiro e de facer un esforzo económico en todos os campos para poder axudar a facer fronte á pandemia”, puntualizou.

 

Relacionadas