A Aemet -Axencia Estatal de Meteoroloxía- acaba de emitir un aviso de alerta laranxa por vento que se iniciará esta noite ás 21.00 horas e finalizará ás 09.30 horas de mañá sábado. Tódolos concellos da comarca anunciaron que suspenden as actividades previstas para mañá no exterior ou que se trasladarán na medida do posible a outro punto que estea a cuberto.
Con esta alerta laranxa, con refachos que nalgunhas zonas poderán alcanzar os 100 quilómetros por hora, recoméndase á cidadanía evitar as actividades no exterior –parques, xardíns…-, e na medida do posible tamén os desprazamentos e o uso de vehículos lixeiros, como bicicletas e ciclomotores. A maiores, é preciso afastarse de zonas con árbores, paneis publicitarios ou outros obxectos susceptibles de desprazarse co vento e retirar das fiestras, balcóns e tellados obxectos que poidan caer á rúa.
En Ferrol, vaise suspender o a queima da sardiña prevista para as 21.30 -dentro do tradicional Enterro da Sardiña- programado para este noite no barrio de Ultramar. As 19.00 horas actuarán as comparsas e o desfile co ataúde será as 20.00 horas para concluir antes das nove da noite con tódolos actos.
Discussion about this post