A Delegación do Goberno informou da desinfección masiva de residencias de anciáns na comarca a cargo das Forzas Armadas. En concreto, sinala que a Comunidade conta a diario con integrantes da Brilat, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Forza de Protección (Fupro) da Armada. Os seus membros traballan en coordinación coa Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais.
Na comarca, estanse a desenvolver estas labores nas residencia de maiores, tanto públicas como privadas, de Ferrol e Narón. Estas medidas foron coordinadas entre a Delegación do Goberno, as catro subdelegacións e a Xunta de Galicia, a través dun protocolo que establece as diferentes prioridades de traballo da UME.
Pola súa banda, o Tercio Norte de Infantería de Mariña reuniuse con dirixentes locais e corpos de seguridade en Cedeira, As Pontes, Fene e Ares. Acordaron o apoio que proporcionan a esas localidades dentro da Operación Balmis, plasmado en patrullas a pé e en vehículos da Policía Naval en varios concellos.
Discussion about this post