As pinturas de Antonio Quintiá encherán de cor a Biblioteca municipal de Narón

As persoas que queiran desfrutar do estilo tan persoal e exclusivo do artista poderán facelo entre o 3 e o 29 de setembro
ffff

O pintor naronés Antonio Quintía Basoa exporá parte das súas obras na Biblioteca municipal –na planta soto- dende o vindeiro 3 ao 29 de setembro. A mostra, tal e como avanzou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, constará de algo máis dunha vintena de cadros que amosan o estilo persoal do artista. As persoas que queiran comentar as obras co seu autor poderán facelo o xoves 3 de setembro, día no que Quintía estará na Biblioteca no horario de apertura da mostra.

O horario de visita da exposición será entre o 3 e o 11 de setembro, os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas e os martes e venres de 10.00 a 13.00 horas. Entre os días 14 e 29 de setembro o horario será de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Taibo recordou que haberá xel hidroalcohólico á entrada e tamén a obrigatoriedade de que as persoas leven máscara e manteñan a distancia de seguridade.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.