A área sanitaria de Ferrol non rexistrou nas últimas 24 horas ningún novo caso de coronavirus, polo que o número de contaxiados detectados ata o momento é de 343 persoas. Máis dun 88% delas, 304 doentes, permanecen nos seus domicilios e só 39 permanecen ingresados nos hospitais de Arquitecto Marcide e Naval.
A boa nova é que o número de persoas graves, ingresados nas unidades de coidados intensivos, vai disminuindo día a día. Onte mesmo, outro doente pasou da UCI a planta tras recuperarse dos efectos do coronavirus. Actualmente hai sete persoas nas unidades de coidados intensivos, que son dez menos que a principios deste mes, cando chegaron a atendenser ata 17 casos graves.
Ademáis, dende o inicio da crise sanitaria xa se deron 59 altas hospitalarias. Agora, á área sanitaria tratará de contabilizar aos doentes que fai máis de 14 días que non presentan síntomas para realizar unha estadística dos que superaron definitivamente o virus e quedaron inmunizados.